Carballiño – Os “argumentos” do Concello

cadaver_e_comidaTagged: 


12-08-2009 – Acabamos de recibir a citación para comparecer a xuízo o día 19 de outubro, no xulgado do Carballiño, como consecuencia da denuncia presentada por un representante do Concello, contra os representantes de ADEGA, Amigos da Terra e Matar por matar,NON xa que, segundo a súa teoría, entramos sen autorización na canceira o día 3 de marzo,e o que é peor (dicimos nos), descubrimos as ducias de cans que tiñan sido “suprimidos”. d

Estes son os argumentos que utilizan no Concello de O Carballiño para tapar a súas carencias. Non é a primeira vez que acoden a eles para intentar calar a quen denuncia as terribles condicións, de vida e morte, dos animais que están ao cargo deste Concello, a pesar das enormes sumas de cartos que viñeron destinados, teoricamente, ao seu ben estar.

Cando pedimos explicacións dos 250.000 euros que outorgou a Consellería de Medio Ambiente para mellorar a canceira e que non lucen nada nesa instalación, como tampouco os fondos que, anualmente, se destinaban ao coidado dos cans, a resposta foi unha querela por supostas inxurias e calumnias. A querela está pendente de admisión a tramite pero as explicacións aínda estamos esperando por elas.

Co gallo da descuberta ocasional e fortuíta dos cans mortos, a resposta do Concello foi ordenar a un dos posibles responsables da desfeita, que nos denunciara. O caso é intentar que nos amedrentemos e o argumento, “entrar sen autorización”.

Cando lles reclamamos que convocaran a comisión de investigación, que aínda non arrincou, para clarexar o que acontecera na instalación, mandáronnos aos seus centurións os caes, nunha mais que posible violación da lei e do noso dereito de reunión e de manifestación, utilizaron sen aviso previo, a forza, para nos obrigar a abandonar a reivindicación e para nos quitar a pancarta.

Coa clara intención de nos procurar o máximo prexuízo posible, inventaron unha denuncia, á Delegación do Goberno, por suposta alteración “grave” da seguridade ciudadana. Esta denuncia está pendente de resolución, pero na Delegación do goberno xa cambiaron a cualificación da infracción para “leve”, así que, a mala fe, por parte do Concello, é evidente.

O Sr. Alcalde da Vila, nunha exhibición de prepotencia e arbitrariedade tamén nos prohibiu a entrada na canceira, é evidente que non quere que denunciemos que alí seguen sendo maltratados os cans, como proban as últimas fotos que apareceron na prensa.

Ante as peticións do Valedor do Pobo para que explique o procedemento polo que se tomou esta decisión, a falta de un expediente e a ausencia do dereito de defensa, o sr alcalde da a calada por resposta, despreza ao Valedor do Pobo negándolle as explicación que lle solicita e nin lle responde aos escritos.

Xa estamos tendo serias sospeitas de que, os numerosos problemas que tivemos con algunha da xente que nos mandaban á canceira, onde nos traballabamos voluntariamente, e que en lugar de axudar viñan a provocar- como cando non atopamos quen nos subira auga para dar de beber aos cans durante a festa do pulpo do ano pasado – se non estarían sendo incentivados por alguén de “arriba” que procuraba expulsarnos do lugar.

Mais información:

http://www.ourensedixital.com/_novas/09/08/14_01.htm

http://www.ourensedixital.com/_novas/09/08/14_02.htm

http://www.ourensedixital.com/_novas/09/08/13_01.htm

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2009/08/13/0003_7904866.htm

http://www.laregion.es/noticia/99674/perrera/Carbalñliño/grupos/ecologistas/amenazas/

Jaume Satorra

A %d blogueros les gusta esto: